lunes, 13 de enero de 2020

RECÍCLATE CON SOGAMA

Ao longo deste curso participamos no programa "Recíclate con Sogama" que forma parte dos programas do Plan Proxecta.
No mes de decembro deixaron no noso colexio unha illa de reciclaxe e un composteiro para poder levar a cabo a tarefa de reciclar de maneira axeitada. 
Hoxe viñeron dar  unha charla informativa a un grupo de rapaces e rapazas en representación de todo o alumnado. Este grupo de alumnos/as tomaron nota de todo o necesario para posteriormente poder transmitir toda a información aos seus compañeiros de clase.





Moitas grazas Cristina polas túas ensinanzas, agardamos estar a a altura do voso programa e aportar o noso graniño de area polo ben do noso planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PLAN PROXECTA

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

8 de xuño....Día Mundial dos Océanos  Hoxe queremos compartir con vós un pequeno Caderno de Bitácora elaborado por SOGAMA. Agardamos tome...

SOGAMA