domingo, 31 de mayo de 2020

RECICLA A TÚA FORMA DE VIDA

Dende SOGAMA, comparten con nósa campaña RECICLA A TÚA FORMA DE VIDA, que ven desenvolvendoco fin de chamar ao espíito de colaboración e solidariedade ambiental para aforrar recursos e mellorar a calidade de vida.

 Comparten a ligazón e unha breve presentación: 


viernes, 22 de mayo de 2020

A MÚSICA E A RECICLAXE

Dende a área de música do noso colexio, pretendemos fomentar o uso e creación de materiais e actividades que fomenten a reciclaxe.

Aquí podedes ver dous exemplos de traballos que levaron a cabo os nosos ecolaxeiros neste confinamento seguindo as instrucións da nosa profe de música Tamar. 

Nesta ocasión interpretan a Muiñeira de Chantada con culleres de pau e botellas de plástico e Estou na lavadora.


ANIMÁDEVOS A PRACTICALAS!

Preme nos enlaces:
MUIÑEIRA DE CHANTADA

ESTOU NA LAVADORA


viernes, 15 de mayo de 2020

RECÍCLATE CON SOGAMA

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE, o 17 de maio, Sogama ven de lanzar unha campaña titulada:

  “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra” dirixida aos máis novos.


A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).











martes, 12 de mayo de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE I

Co gallo da comemoración do Día Mundial da Reciclaxe, dende o colexio levamos semanas propoñendo actividades para que as nosas familias Ecolaxeiras recorden a importancia da reciclaxe e poñan en práctica todo o aprendido ao longo do curso.

A pasada semana, a proposta de actividade foi elaborar un marco de fotos con materiais reciclados. 

Deixamos a continuación unha pequena mostra das creacións dos nosos ecolaxeir@s:







DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



Ola amiguiños e amiguiñas da reciclaxe! 

Aínda que estemos da cuarentena, recordade que dende as nosas casas non debemos esquecer a reciclaxe.

A UNESCO declarou o 17 de Maio como o Día Mundial da Reciclaxe. Oportunidade para recordar a estratexia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, que busca reorientar o comportamento de todos os ciudadáns con vista a mellorar o medio ambiente.

PLAN PROXECTA

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

8 de xuño....Día Mundial dos Océanos  Hoxe queremos compartir con vós un pequeno Caderno de Bitácora elaborado por SOGAMA. Agardamos tome...

SOGAMA