martes, 21 de enero de 2020

OBRADOIROS DE RECICLAXE CON APAMP

Neste curso levaremos a cabo diferentes obradoiros en colaboración con APAMP para fomentar a reciclaxe.
Comezamos o pasado xoves co alumando de 6º de Primaria e continuaremos indo cada quince días.
Os obradoiros que facemos son catro:
. Elaboración de papel de reciclado.
. Elaboración de libros cartoneros.
. Elaboación de zapatillas caseiras.
. Obradoiro de creación artística para a súa posterior exposición pública no Paseo de Alfonso XII
"Fóra do Marco".





lunes, 13 de enero de 2020

RECÍCLATE CON SOGAMA

Ao longo deste curso participamos no programa "Recíclate con Sogama" que forma parte dos programas do Plan Proxecta.
No mes de decembro deixaron no noso colexio unha illa de reciclaxe e un composteiro para poder levar a cabo a tarefa de reciclar de maneira axeitada. 
Hoxe viñeron dar  unha charla informativa a un grupo de rapaces e rapazas en representación de todo o alumnado. Este grupo de alumnos/as tomaron nota de todo o necesario para posteriormente poder transmitir toda a información aos seus compañeiros de clase.





Moitas grazas Cristina polas túas ensinanzas, agardamos estar a a altura do voso programa e aportar o noso graniño de area polo ben do noso planeta.

domingo, 12 de enero de 2020

CANTANDO AO RECICLAXE 2

Despois de inventar letras para crear cancións coa música escollida polo alumnado de 6º de E. Primaria, decidimos compartir con outros cursos estas cancións. Nesta ocasión  estivemos na biblioteca co alumnado de 5º E. Infantil.



martes, 7 de enero de 2020

CANTANDO AO RECICLAXE

O alumnado de 6º B traballou a expresión oral e escrita en galego compoñendo letras de cancións coa temática da reciclaxe e adaptandoas a músicas actuais escollidas por eles mesmos.


















TRABALLIÑOS DO NADAL INDIVIDUIAIS

Estes son algún dos debuxos que fixo o noso alumnado con motivo do Nadal:


lunes, 6 de enero de 2020

A POSTAL DE NADAL

A continuación amosamos os traballos realizados nas aulas por niveis para elaborar a postal de Nadal:






TRABALLOS DOS ECOLAXEIROS

Neste trimestre no Laxeiro puxémonos mans  á obra co noso proxecto Ecolaxeiros: misión salvar a Terra. Con tal motivo elaboramos os seguintes murais:







PLAN PROXECTA

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

8 de xuño....Día Mundial dos Océanos  Hoxe queremos compartir con vós un pequeno Caderno de Bitácora elaborado por SOGAMA. Agardamos tome...

SOGAMA